Almudena Castro – Máis contos en cantos

21,95 Iva incluido

Formato: LIBRO-CD

Música: Infantil Galego

Os contos ábrennos os ollos, axúdanos a comprender mellor o mundo que nos rodea, transpórtannos a outras realidades e permíten que viaxemos a outros países… sen saírmos da casa!

Agotado

SKU: 9788498715354 Categoría:

Descripción

A escolma de contos populares e de autor baseada no fondo editorial de OQO, ábrenos tamén as orellas. A nova achega Máis contos en cantos mestura literatura, imaxe e estilos musicais diversos para que cativos, e non tan cativos, gocen da lectura, do son e da estética.
Os lectores poderán cantar e bailar ao son do reggae con A Máscara do león, do rock con Carabuñas, da rumba con Picurruchos, da polca con Maruxa ou atreverse cun corrido mexicano con A voda de Galo Pinto.
Se achegaran a música tradicional portuguesa da man a avoíña protagonista de Corre, corre cabaciña e, con A figueira de Pelostortos, atoparán a música de terror. Viaxaran con Chocolata á cidade para visitar os baños, mais farano cantando. Faranse amigos de Tartaruga, unha das protagonistas de A mellor sopa do mundo, e coñecerán os animais do bosque que se acubillan na súa casa. A canción acumulativa de A princesa do Caurel permitiralles memorizar facilmente a letra e, se cadra, inventar unha danza para completala.

Páxina a páxina, a voz de Almudena Janeiro levará os lectores a unha nova canción acompañada polas imaxes dos contos orixinais.

O paxariño da cuberta, creado por Borja Guerrero, convida os lectores a mergullarse neste libro-CD cheo de melodías e imaxes para gozar, ao tempo, dos sons e da lectura.

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “Almudena Castro – Máis contos en cantos”