Alba María – Aínda

9,95 Iva incluido

SKU: 8436530127030 Categoría:

Descrición

ALBA MARÍA , “AÍNDA”

 

Nova e artista é un binomio raro na música galega. Pero iso é Alba María. Alumna da Escola Livre da Música Popular Galega, de aCentral Folque, gañou do I Concurso de Canción de Autor de Teo. E grazas aos organizadores do Certame, a aCentral Folque, e ao saber facer dun excelente elenco de músicos profesionais que a acompañaron, con só 19 anos, deu luz a “Aínda”, o seu primeiro disco.

Alba María é autora duns temas que parece que sempre estiveran aí, compositora das melodías e das letras deste disco, sorprende moito a madurez nunha muller tan nova. Naturalidade, xuventude e temáticas de xénero están presentes nos textos das cancións. O seu traballo seduciu aCentral Folque e a grandes músicos como os premios especial Cubadisco José Manuel Díaz e Alejandro Vargas, arranxistas do disco. Destacados músicos do panorama galego, desde o Folque (Pedro Pascual, Óscar Fernández, Gutier Álvarez) até o Jazz (Felipe Villar) participan neste CD. A música de Alba María pode gostar a xente nova, mais tamén a calquera xeración.

http://artistas.folque.com/alba-maria

Valoracións

Ainda non hay ningunha valoración

Se o primeiro en valorar “Alba María – Aínda”