Acadacanto – Xabier Díaz, Guadi Galego, Gulle Fernández, Xose

Formato CD

14,95

Agotado

Agotado

Descripción

 ACADACANTO “ACadaCanto”

 

 

Vivimos nunha terra inzada de encrucilladas, cuadrivios ou “catro camiños”,eses pontos de incerteza e de casualidade (ás veces as cancións tamén transitan esas dúbidas antes de mutar á forma na que as coñecemos) máis é tamén verdade que hai encontros inevitables, coma os das augas dos regatos que se funden e confunden en ríos ó chegar á baixa do val ,somos urdime dun cesto que garda músicas compartidas dende hai tempo…Guille e Guadi, Xabier e Xose Lois, Guille e Xose Lois, Guadi e Xabier… foran tantas as partillas que decidimos ordear a nosa multiplicidade e converter esas duplas e triplas encarnacións en cuarteto, a forma tradicional…os Beattles, Os Gaiteiros de Soutelo…

Guillermo Fernández, Guadi Galego, Xabier Díaz e Xose Lois Romero ou como os viaxeiros ás vezes tropezan na encrucillada, iso si recoñecendo que saimos en tempo e velocidade axeitada para nos accidentar, imos sentar e facermos unas cancións antes de continuar camiño!