Descripción
Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi (Baiona) contactaron con varios músicos para facer unha colaboracións nunhas actuacións informáis, e tanto gustou o resultado que decidiron formalizar o grupo.
O novo disco, gravado en ChisPún! Estudios por Rubén Troitiño conta con 16 temas dos cales 11 son cantados, ademáis de un amplo repertorio de composicións propias do grupo.
Cando falamos de Abóbriga falamos de música de raíz, con personalidade propia, repertorio popular e tamén con temas persoais que reflicten o aire que teñen as composicións que xa consideramos de corte tradicional. Todo elo cunha mestura de gaitas e percusión tradicional sumadas a unha base harmónica proporcionada polo acordeón e dous instrumentos máis xogando coas propias melodías, desfacéndoas e propoñendo outras novas dentro da principal, sen esquecernos das voces, sempre con historias que contarnos. Iso
todo da coma resultado un disco coma este, dende o mítico cuarteto de gaitas ata o son das murgas, encargados de facer festa alí por onde van. Músicas que recordan aos antigos bailes das vilas onde a xente ía para troulear.
Rubén Troitiño
TEMAS
01 – Xota de Baiona
02 – Das Cruces a Toiriz
03 – Valse e muiñeira da Seneira
04 – Non hai fallo
06 – Rumba dos tranquilos
07 – Muiñeira de Monteboi
08 – Foliada do Monte da Guía
09 – As leiteiras
10 – A peneireira
11 – Vísperas de San Blas
12 – Ramones
13 – Estreliña de Soldón
14 – Muiñeira do Berbés
15 – Pasodobre dos exactos
16 – Chíngala
Reseñas
Aínda non hai valoracións.