A Banda da Loba – Fábrica da Luz

11,95 Iva incluido

Formato: CD

Música: Folk

SKU: 8435383666307 Categoría: Etiqueta:

Descripción

Integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o gran éxito acadado e despois de dar máis de setenta concertos en ano e medio, dentro e fóra do noso territorio, preséntannos agora o seu novo traballo, “Fábrica de luz”.

Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.

Temas

  1. Fábrica de luz
  2. Luz no furacán
  3. Adondar a lingua
  4. Tigres coma cabalos
  5. Anagnórise
  6. Corazóns de xiz
  7. A casa
  8. Tecín soia
  9. Distancia imantada
  10. Morra o conto
  11. A rede
  12. Catalina

Reseñas

Aínda non hai valoracións.

Sé o primero en valorar “A Banda da Loba – Fábrica da Luz”