Quen Somos

Benvidos a Inquedanzas Sonoras.

Somos unha empresa dedicada á edición, distribución, comunicación management de música galega e tamén da feita en Galicia. Despois dunha longa traxectoria no campo da edición e distribución, non queremos deixar de insistir neste labor por moitas trabas que se nos presenten no camiño,a nosa crenza no incalculable valor cultural de Galicia e nas posibilidades de converter estas en un medio de vida, será a motivación xunto ás experiencias recollidas ao longo dos anos; (positivas+) e (negativas-) son as que farán funcionar o motor para traballar contra vento e marea nun océano de perigosas correntes, pero que de seguro atoparemos as que nos han de levar a bo porto.

Abordamos esta nova etapa ao xeito convencional, como o aprendemos, vendendo discos, nun tempo en que a música tiña un valor máis alá do simple consumo; a música galega ten ese valor engadido, é musica viva, sexa folk, tradicional, rock… ten o enraizamento do noso, da creatividade dun pobo.

A nosa estrutura de empresa é; por unha banda o traballo de distribución por xunto (almacenista), e mediante esta web, servimos pedidos ao público en xeral que o demande, atendendo de este xeito a quen queira mercar música en formato físico e non teña preto un punto de venta. Por suposto non deixaremos de mirar as novas tendencias no gozo da música, como o xa implantado formato dixital.

Por outra banda pero directamente ligada á distribución son as producións propias, as apostas persoais de Inquedanzas Sonoras. Tamén a axuda ás apostas particulares dos Artistas, escoitando as súas inquedanzas e propoñendo solucións de xestión na produción, edición e comunicación, mantendo deste xeito o total control e responsabilidade do seu propio traballo; as chamadas auto-edicións.

Coñecendo as dificultades que temos neste maremagnun de “culturas interesadas”, e onde o propio tan pouco se estima, estaremos dispostos a pelexar por unha actividade produtiva e sostible sin ningún tipo de ataduras, excepto as dos nosos artistas e as dos seus seguidores, aos cales nos debemos.

Agradecendo a vosa visita.