“Alén do Mar” Novo traballo discográfico de Oscar Ibañez

“Alén do mar” (VIR, 2012) – Oscar Ibáñez

¡O que Celt desatou contra o Destiño
poñendo por valado o fondo do mar,
seguindo sempre ó sol no seu camiño
Colón, fillo de Celt, teno de atar!


                          Ramón Cabanillas (1876-1959)

Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título

“Alén do mar”.

Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.



Deste xeito mestura muiñeiras ancestrais recollidas polo gaiteiro boticario Perfecto Feijóo, composicións celtas do virtuoso violinista Manuel Quiroga, ou un tema dedicado ao pirata da Moureira Benito Soto, co arin-arin, un xénero xerado no Camiño de Santiago Norte ou Camiño da Costa o seu paso por Euskadi, o flamenco e outras músicas denominadas de ida e volta coma a habanera, o choro, o valse venezolano ou o tango, que atopou na outra ribeira.

Para esta nova proposta Oscar Ibáñez inspirouse no poema “O fillo de Celt” do cambadés Ramón Cabanillas aclamado como “Poeta da Raza”.

 

 
  Descargar INFO  
   
                  TAMÉN DISPOÑIBLE EN