Xaime Estévez Vila – As gravacións da música Galega

Formato LIBRO

29,95

En stock

En stock

Descripción

Entre dúas e tres mil horas de traballo,cando menos, fixeron falla ao longo de seis anos para chegar a esta edición sobre a música galega gravada.
O máis salientable deste traballo de máis de 400 páxinas, é sen dúbida que cuantifica obxectivamente o impresionante legado da música galega gravada só nun marco temporal de 26 anos. Analizáronse 774 gravacións que deixaron o descuberto preto de 500 agrupacións ou artistas (468), preto tamén de 500 horas de música gravada (485), case 10.000 temas (9.289) . Esta investigación aporta datos obxectivos sobre Intérpretes,Compositores, Editoriais, Referencias xeográficas, Letristas, Instrumentos, Formas musicais…

Ofrécense tamén análises cronolóxicas, cuantitativas e estilísticas que nos descobren, por exemplo, máis dunha ducia de tipoloxías e matices diferentes para a música galega, os temas máis gravados, a evolución da edición discográfica ou as agrupacións e compositores máis relevantes neste marco temporal, así como datos concretos sobre as particularidades da música galega.
Facilítanse 200 páxinas de índices e informes ordeados para a súa consulta, incluido un índice gráfico, e ata 32 táboas analíticas e gráficos demostrativos.Toda esta información e datos van acompañados dun marco teórico sobre a música galega : nomes propios, recompilación, conexións con outras músicas, fontes, estilos,… que fan desta edición unha referencia imprescindible dende agora para afondar na realidade e na verdadeira dimensión da música galega gravada quizais insuficientemente coñecida e valorada pola inexistencia de traballos musicolóxicos e científicos deste calibre.

A presentación feita polo profesor Rodrigo Romaní e o prólogo da Dra. Pilar Lago serven de pórtico perfecto e acorde á categoría dun traballo tan necesario como de referencia imprescindible no futuro para a posta en valor e a difusión axeitada do noso patrimonio cultural inmaterial.