Ton van Vliet, Luisa Castro, Eutropio Rodríguez – O pálpito interior

Formato CD

19,95

En stock

En stock

Descripción

Chegou a Galiza por accidente. Preguntou onde acampar nun bar da estrada nacional e foi dar a Agolada, a onde regresaría nos seguintes veráns. Máis de vinte anos despois, damos luz ao traballo inédito do fotógrafo Ton van Vliet (Países Baixos, 1956), nun libro capaz de retratar apaixonadamente a Galiza dos anos 70 e 80. Unha road movie particular, ateigada de corredoiras, rostros e rituais. A súa mirada humanista teimaba en borrar a distancia que separa o reporteiro da paisaxe ou das persoas.

Disparou deixándose levar mais alá do encadre ou do enfoque, conseguindo instantáneas cheas de verdade que nos devolven unha realidade auténtica, e hoxe manteñen toda a súa forza. Abre o libro un excelente texto da escritora Luisa Castro, que indaga na súa relación coa fotografía familiar a partir da contemplación das imaxes de Ton van Vliet