Sondeseu – Beiralúa

Formato CD

14,95

En stock

En stock

Descripción

Beiralúa é un lugar no que sobresaintes compositores e músicos galegos, xunto con voces representativas do panorama actual se xuntan aos mestres e compoñentes da orquestra para danzar unha coreografía simbólica de unión en torno a un proxecto que os trouxo dende as ondas daquel inicial Mar de Vigo que terciou a Barlovento para achegarse a este novo traballo, pechando en cinco trazos, cos Trastempo e Danzas brancas nos pares, a redonda luz dunha lúa presente na meirande parte dos cortes que o conforman.
Deste xeito pezas encargadas pola orquestra a prestixiosos compositores como Xosé Lois Romero, Quico Comesaña ou Pedro Lamas entrevéranse con cancións presentes xa no imaxinario colectivo, clásicos como Ahi ven o Maio ou Campanas de Bastabales, interpretadas por grandes voces como Rosa Cedrón ou o Orfeón Treixadura e a colaboración de Susana Seivane, rematando cunha espléndida composición de Anxo Pintos adicada á Illa de San Martiño que pon de manifesto as enormes posibilidades tímbricas da formación viguesa creada hai dazasete anos no seo da actual Escola Municipal de Música Folk e Tradicional, a ETRAD, e que hoxe se consolida xa como a auténtica Orquestra Folk de Galicia.

TEMAS
1 Ciclotimias
2 Aí vén o Maio
3 Malpica
4 Rumba de ribeira de Piquín
5 Danza da lúa Espida
6 Campanas de Bastabales
7 Aires de Berducido
8 San martiño a vista de Paxaro
9 Mar de fondo na enseada da Concela
10 Alalá do horizonte Calmo
11 Mar fractal. Ardora Azul
12 Na codia profunda da enseada de Fornos
13 Mar de aves. Balbordo de Aniñar
14 Un minuto de Ruilenzo
15 De gademotta a san Martiño
16 Verán
17 Muiñeira da punta Cabaliño
18 Bando do Alcalde