Sondarúa – Eterno Combate

Formato CD

9,95

En stock

En stock

Descripción

Eterno Combate, o álbum:

É un LP de 12 cortes que conta coas colaboracións de Skandalo GZ, Navia Rivas e Ezetaerre. Ademais, e mantendo a liña habitual da banda, Eterno Combate é un álbum máis ecléctico no que moitos estilos musicais teñen cabida; desde o rap clásico ao estilo máis puro dos 90, pasando polo ska, o rock e os sons máis característicos do reggae.

En canto á parte instrumental, en Eterno Combate o maior peso da produción recaeu en Álex Arnoso, membro do grupo. Non obstante, conta coa participación de diferentes artistas como Peter Petrowski (Ezetaerre), That Bass, actual DJ da banda, que tamén aportou o seu gran de música neste LP, ou Javier Vicalo, produtor da canción que lle dá nome ao álbum. nos estudios The Dub Yard.

Aínda que a banda non perde a súa esencia subversiva e esixente en ningún momento, en Eterno Combate atopamos temas moi diversos entre as diferentes cancións que compoñen o álbum, así como ritmo e instrumentos cheos de calidade e frescura.

1 Intro de SonDaRúa
2Tumbar Ao Xigante de SonDaRúa
3 Eterno Combate de SonDaRúa
4 Mirada Interna de SonDaRúa
5 Berro Colectivo de SonDaRúa
6 Skit – O Plan de SonDaRúa
7 Animal de SonDaRúa
8 Éxodo de SonDaRúa
9 Cátedra de SonDaRúa
10 Salsa Galaica de SonDaRúa
11 Pontakas Antifa de SonDaRúa, SkandaloGZ
12 Cantar de Gaia de SonDaRúa