Serxio Cobos – Bailegramas

Formato LIBRO

14,95

En stock

En stock

Descripción

Desde que na década de 1680 Pierre Beauchamp inventara o sistema de notación empregado para gardar rexistros da danza barroca, desenvolvéronse sistemas de notación co fin primario de preservar a danza a través de documentación, e permitir analizar ou reconstruír coreografías, formas de baile e exercicios técnicos.

Bailegramas é a primeira proposta dun sistema de notación especifico para o baile tradicional galego. Esta publicación é fundamental do punto de vista da memoria, do coñecemento e da difusión social deste patrimonio coreográfico que por terse conservado no ámbito rural atende a defensa da diversidade e a estima colectiva. Bailegramas é valido para documentar e analizar por escrito un baile tradicional galego vivido, presenciado ou partindo dun rexistro audiovisual. O sistema permite analizar os movementos e o significado de cada paso, ver como se integran na coreografía e avanzar na compresión das implicacións sociais do baile para a comunidade.

 Libro

Colección SEIVA. Ref: SV01

Páxinas: 72

 

Inclúe  Bailes transcritos de Grixoa (Santiago de Compostela)