Ruxe Ruxe – O estraño falar dun monstro da aldea

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

Ruxe Ruxe é sen dúbida a banda referente do rock galego. Con 24 anos de traxectoria, 11 LPs no mercado e máis de duascentas cancións orixináis publicadas, están no seu mellor momento. Con enerxías renovadas,  presentan o seu novo disco, gravado nos Estudios Gárate de Andoáin (Gipuzkoa) con Kaki Arkarazo.

Ruxe Ruxe é por méritos propios unha das bandas galegas máis lexendarias, movéndose á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do políticamente correcto. Co espírito de loita por bandeira, do rock do país, do rock libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sinceiro, directo e emocional, a esencia do adn dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios no ano 96.

Temas

  1. Sae o sol
  2. O estraño falar
  3. Aríns – Angrois
  4. Lei de vida
  5. Lume na aldea
  6. Estrelas e sereas
  7. Cretino
  8. Doente e afiado
  9. Golpe a golpe
  10. Terra nai
  11. Manicomio
  12. Diaños
  13. San Fins