Richi Casás – Fuliada na Vila

Formato CD + LIBRO

19,95

En stock

En stock

Descripción

Fuliada na Vila é un grupo de músic@s reunid@s por Richi Casás, arredor das músicas de súa avoa, Rosa Casás, cantadora de Vila da Igrexa, Cerceda. A través da lente do jazz, seguimo-lo fío de Rosa da Vila; no presente desde a raíz

Fuliada na Vila

Autor/a: RichiCasás

Trátase dun libro-CD verdadeiramente especial.

O texto contén, contado de primeira man por Richi Casás, o engaiolante relato de como este saxofonista cercedense foi quen de atopar un espazopara si na música tradicional, reconectando coa herdanza rural da súa familia a partir da súa vida como músico de conservatorio afincado na Coruña. Por unha banda, Casás narra a súa novelesca pesquisa en arquivos de particulares e institucións na procura da voz xa case esquecida da súa avoa; por outra, sementa o seu relato de fondas reflexións sobre a importancia da transmisión xeracional da cultura, a tradición de facer música colectivamente e o valor desa música tradicional.Deste xeito, o autor produce un libro variado en rexistros que terá algo que ofrecer aos públicos máis diversos, e, de seguro, non aburrirá a ninguén.

O texto apóiase en abundantes materiais gráficos: inclúe unha valiosa selección de fotografías documentais a toda cor cedidas polos veciños de Cerceda, xunto coas fotografías realizadas ad hoc por Eutropio Rodríguez para ilustrar o proxecto. A suma de imaxe, son e texto resulta nun todo multifacético mais coherente. O conxunto de disco e libro estrutúrase arredor dun único eixo: o protagonismo da tradición, sostido na investigación rigorosa das fontes orixinais, é posto en diálogo coa igualmente poderosa forza da modernidade musical. Todo isto, a través da particular achega deste escritor e saxofonista cercedense.

ISBN978-84-949511-4-5Colección:ZECA-2Ilustracións:B/n e cor 132 páxinas