Pancho Álvarez – Celtis Australis

Formato CD

13,95

En stock

En stock

Descripción

O título garda básicamente dous significados: por un lado pretende ubicar a Galicia como o sitio dos celtas do sur, en contraposición aos considerados típicos paises celtas do norte como Irlanda ou Escocia, e por outro é o nome botánico do árbore “Lodoeiro” (almez ou lodón ou flor de loto para os romanos).

Pancho Álvarez preséntanos un disco optimista, aberto e creativo no que se recollen ecos da nosa viaxeira historia musical e onde se encara modernidade e tradición coa mesma naturalidade.

Pancho conta de novo coa colaboración de Suso de Toro nos textos, ademáis de Manuel Forcadela e Magín Blanco. Tamén con músicos como Antón Seoane, Pablo Novoa, os irmáns Félix e Cástor Castro Vicente, Xurxo Núñez, Carlos Beceiro, Gutier Álvarez, David Migoya, Álvaro Vieito, Miguel Argibay, Álvaro Iglesias, Juan Álvarez, Maruxa Álvarez Solleiro e a voz de María Solleiro.

CELTIS AUSTRALIS preséntase nunha edición digipack moi coidada, cun deseño de Luis Umbría.

Temas:

1. Nas Túas Mans A Miña Casa
2. Aires de Aquí E De Acolá
3. Mestre Florencio
4. Canto De Berce
5. Rumbas Do Sar
6. Illas Do Norte
7. Medulio
8. Unha Tregua
9. Baixo O Lodoeiro
10. Danzas Do Sur
11. Dos Gregos Aprendín
12. Pasodoble De San Roque
13. Aires De Guimaraes
14. A Miña Viola
15. O Cando
16. Outra Mañá
17. The Burren