Os Escaravellos – Música da terra

Formato CD

9,95

En stock

En stock

Descripción

Grupo formado por Ana Abalde, Belén Bravo, Pili Fernández, Leni Pérez e Quique Freiría, con sede no C.C. de Beade, Vigo.

Os camiños da vida e da música tradicional xuntaron a Os escaravellos en maio do 2017 para ir tocar ó serán de Sabarís, Baiona, e dende aquela decidiron que estaban moi ben xuntos e que lles apetecía seguir así, puxéronse a  traballar e tiveron a súa presentación oficial en setembro do mesmo ano na alameda de Chapela, nun festival organizado pola agrupación Froles Mareliñas.

Dende aquela, forxaron unha gran amizade e non deixaron de compoñer melodías, tocar e cantar, facendo aquelo que máis lles gusta.

A maior parte do repertorio de escaravellos é de composición propia, pero sempre buscando inspiración e bebendo das fontes da nosa prezada e rica música tradicional do país.

Tocan gaitas, percusións e cantan, facendo xotas, muiñeiras, pasodobres, alalás…

Este primeiro traballo “Música da terra” ten toda a frescura das primeiras melodías que os uniron  e que os fan felices, agardan poder chegar con elas a cada recuncho da nosa amada terra e facelas soar en romarías, festas e xuntanzas onde a xente queira escoitalos e bailar.

TEMAS

01 – Pasodobre dos escaravellos

02 – Muiñeira da agulla

03 – Rumba peixeira

04 – Xota das bailadoras

05 – Alalá da miña gaita

06 – Rumba das árbores

07 – Uma pêra

08 – Valse do escaravello

09 – Muiñeira da Vane

10 – Pasodobre das mellizas

11 – Rumba do rapaciño

12 – Muiñeiro de cantigas