Orquesta Garufa Blue Devils Big Band con Sito Sedes – Siboney

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

Sito Sedes, é sen dúbida, xunto ao desaparecido Pucho Boedo, unha das voces máis recoñecidas e respectadas do noso país. Artista atemporal e produtor televisivo durante varios anos en TVG, forxouse por méritos propios un nome no mundo da música que transcende estilos e épocas.

O proxecto artístico que presentan o propio Sito e a orquestra, é un espectáculo deseñado exclusivamente para traer ao noso presente as sensacións e sons que o público daquel entón podía percibir nas diferentes salas e clubs que programaban case a diario música en directo.

Arranxos propio, unha concepción diferente do sentido do espectáculo e a inconfundible voz de Sito Sedes, dan forma a Siboney.

Neste disco pódense escoitar algúns dos clásicos da música suramericana que popularizou no noso país este singular artista e cancións das grandes bandas que lideraban por exemplo Xavier Cugat ou Benny Morei.

TEMAS

1. TRISTE PAPEL
2. PERFIDIA
3. MAMBO Nº8
4. SI TE CONTARA
5. CAPULLITO DE ALELÍ
6. SIBONEY
7. SABOR A MI
8. PACHITO E CHE
9. BLUE DEVILS MAMBO
10. OBSESIÓN
11. QUE RICO VACILÓN
12. CEREZO ROSA
13. PIEL CANELA
14. SE VA EL CAIMÁN