Mj Pérez – A luz prendida

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

MJ Pérez presenta “A Luz Prendida”, o seu cuarto álbum, segundo de estudio. A cantautora arzuá dá un paso máis neste novo traballo cunha evolución e un cambio de rumbo na súa música, máis sen perder a súa esencia.

Neste novo disco, MJ camiña máis por ritmos latinos, tintes da música de raíz e de músicas do mundo, abandonando así en gran parte o pop-rock máis habitual nela ata o momento. Mais se algo engloba todo este traballo é a canción de autor, a esencia de MJ e do xeito de escribir e narrar. A artista continúa a contar historias dende un pundo de vista moi persoal, empregando máis humor e ironía neste novo disco, pero tamén dando espazo á loita e á reivindicación.

Neste novo álbum, MJ conta con diferentes colaboracións especiais que fan medrar os temas co seu bo facer. Falamos de Ailén Kendelman na percusión, Laura Romero ao baixo, Richi Casás ao frente dos ventos nos que colaboraron tamén Paula López no trombón e María Prado na trompeta. A eles súmase a colaboración de Alberto Rama na batería nun dos temas, Iván Bernardez na guitarra, Lucía López no cello, Antonio Facal no violín e Sofía Espiñeira nos coros.

·

TEMAS

1

 

Preludio: Orixe
2

 

Coa Música A Outro Lado
3

 

Vai Embora!
4

 

Falan De Ti
5

 

Bendita Paciencia
6

 

Canción Legüera
7

 

Non Entendiches Nada
8

 

Mariluz
9

 

Se Me Deixaras
10

 

Co Noso Sorriso
11

 

Cumbia Para Quitar As Penas