Migallas- Canta Connosco

Formato CD + LIBRO + VIDEO KARAOKE

21,95

En stock

En stock

Descripción

REEDICION MIGALLAS, Canta conosco CON LIBRO+CD+ VIDEO KARAOKE

Inclúe cancións infantís de carácter máis tradicional, xunto co rap, o rock, a cumbia, o reagge e o pasodobre, ata unha melodía de inspiración africana ou un canto de berce, pasando polo tema instrumental folk que pecha o disco. Pensado para o público infantil, tamén pode gustar a toda a familia pola diversidade de contidos: os xogos tradicionais e colectivos fronte á televisión e as novas tecnoloxías; a animación á lectura; a importancia do uso do galego; a ecoloxía; a cultura tradicional…

As ilustracións de Óscar Villán -de vivas cores, grande expresividade e dinamismo- acentúan o ton lúdico da obra, que se complementa con divertidos vídeos musicais de José Miguel Sagüillo, que inclúen animacións e karaokes para fomentar a interactividade.

No 20º aniversario da gravación de “Canta connosco!”, a edición conmemorativa en formato libro-cd-dvd recupera as cancións que fixeron cantar e bailar a moitas xeracións de rapaces. Unha ocasión para que a infancia de hoce sigan cantando e bailando con Migallas.

A aparición deste traballo musical en 1996 foi todo un fito na música do país. Por primeira vez, un grupo galego con ampla experiencia de actuacións en directo para público infantil e xuvenil, facía un disco na nosa lingua coa calidade dun traballo musical para adultos. Tanto na forma coma no contido, cada tema foi elaborado coa maior calidade técnica, apostando pola variedade de ritmos. Colaboraron daquela destacados músicos como Paco Dicenta, Budiño ou Suso Vaamonde.