Fonteliño – Rueiras

Formato CD

11,95

En stock

En stock

Descripción

Con Rueiras, Fonteliño amosa a súa evolución en canto a repertorio e instrumentación, e da a benvida a novas incorporacións. Únense á nosa festa: Fernan, co seu acordeón, que nos arroupa con mestría; e unha voz enérxica e brillante, a de Eva, que interpreta como solista moitas pezas deste disco.

Tentamos plasmar parte da nosa memoria musical, da que gardamos desde nenas como ouro en pano. Mostra disto son pezas como “La Lechera”, coa cal Luisa, coas súas 85 primaveras, consegue emocionarnos sempre; ou “Cantigas de Rande”, que lembra Chola de cando era nena e a cantaban polas rúas de Redondela, e que, nesta ocasión, interpreta ela mesma coa súa fermosa voz.

Queremos homenaxear a Antonio Paz Valverde, gran compositor porriñés, incluíndo dúas melodías da súa autoría que nos fascinan: “María Soliña” e “Solo quedeime”.

Agardamos que goces deste traballo.

Saúde e grazas por telo nas túas mans.

Temas

1 – Ribeira vai cheia

2 – O Altinho

3 – Eu pasei o Portonovo

4 – Cantigas de Rande

5 – Canto de cego

6 – Aurora ten un menino

7 – La lechera

8 – María Soliña

9 – Ceifeira

10 – Foliada do Rueiro

11 – O incendio

12 – Solo quedeime