Eutropio Rodríguez, ALBA CID – Os Danzantes de Reis

19,95

En stock

En stock

Descripción

Os Danzantes dos Reis | Los danzantes de Reyes | The three King’s dancers

 Eutropio Rodríguez, Alba Cid

 A parroquia de Riofrío, en Mondariz, conserva un complexo espectáculo de “danzas brancas” na mañá do 6 de xaneiro, que comeza tras as coplas de Reis dentro da propia igrexa de San Miguel, e continúa en órbita polo adro, arredor do templo. Non sempre foi así, ben se lembra o percorrido dos danzantes polos vales.

Este volume é un álbum de fotografías sobre os danzantes de Reis: os que danzan e as que danzaron, quen terma dos preparativos, mais tamén os gaiteiros, os retratos de man en man, os movementos e os lugares. As partituras e a transcrición das coplas acompañan as fotografías, así como un texto que explora canto alí acontece —desde as sensacións aos atributos e a vestimenta—, trenzando voces e dando conta das transformacións profundas que as danzas experimentaron.

 Libro

Colección: Cámara escura. Ref: CE02

Páxinas: 144

Fotografías orixinais: 70

Idiomas: Galego, Español, Inglés

Inclue Partituras

ISBN 978-84-949511-1-4