As Efémeras – As Efémeras

Formato CD

9,95

En stock

En stock

Descripción

As EFÉMERAS é o grupo de música galega de moda. Naceron en Redondela a finais de 2019 e a súa presentación ao público no verán de 2020 foi tan exitosa que decidiron gravar un disco, que agora presentan e que promete ser un suceso na música galega.

As EFÉMERAS fan música para escoitar, danzar e reflexionar. Música comunitaria. Inspiración poética e política de quilómetro cero: desde Redondela para o mundo.Letras de intelixencia racional e emocional. Composicións novas e frescas con inspiración nas músicas populares. De Galiza, de Portugal, de Europa, de América. Musicas lixeiras e contundentes. Letras propias que dan que pensar.

As EFÉMERAS son artistas e activistas culturais de Redondela, comprometidos coa ecoloxía, a cultura e a fala do país. E, aínda que o ideal é escoitalas ao vivo, o seu primeiro disco é un coidado traballo, gravado e mesturado por José Manuel Díaz, e que conta con colaboracións de envergadura dentro da música galega como Ugia Pedreira, Tatán ou Alberto Vilas.

  1. FOMOS NAMORARE
  2. ESTRELAFURANCHIN
  3. ROSALÍA, TAN AMIGA
  4. AÍ VAI O TORIO
  5. CORAZÓN DE CALCETÍN
  6. RANCHEIRA PA SOBREVIVIR
  7. ROCK RESIDENTE RESILIENTE
  8. CHORA O MAR
  9. AS TUAS MANS
  10. IMPRUDENCIA
  11. NO LÍBANO
  12. ONDE RAIO
  13. VERDE