Quico Comesaña – Mãe

Formato CD

14,95

Agotado

Agotado

Descripción

Tras unha extensa carreira musical, formando parte de bandas como Armeguin (dende 1985 a 1993 e 3 discos); Fía na roca (dende 1992 a 1995 e 1 disco); Uxía grupo (dende 1994 a 1996 e 1 disco); Berrogüetto (dende 1996 ata 2014 e 6 discos); ademáis de realizar diferentes colaboracións como compositor e arranxista para outros proxectos, Quico Comesaña presenta “Mãe”, o seu 1º traballo discográfico en solitario.

Para a sua gravación colabora un grupo de recoñecidas e recoñecidos intérpretes da escena musical galega: Carmen Gallego, violín e nyckelharpa; Marcos Padrón, acordeón; Gonzalo Arévalo, oboe; e Isaac Palacín, pratos redobrantes.

A historia de Mãe comeza na infancia e desaparece na adolescencia. Lugares, vivencias, momentos… Recordos de un neno mesturados entre realidade e fantasía que perduraron na memoria, transformándose co tempo, onde a natureza e a ciencia son protagonistas.

Trátase de un traballo conceptual que consiste en catro composicións instrumentais independentes entre si, onde varias melodías actuan como nexo entre elas, aparecendo de cando en vez sobre diferentes armonías, ambientes ou texturas, que evocan espazos e sensacións a partir das principais influenzas musicais asimiladas durante a adolescencia. Mãe representa a todo ser con capacidade de enxendrar vida, dende a máis pequena das criaturas ata o planeta mesmo (Gaia). É unha homenaxe ao feito feminino.

TEMAS

I CLOROFILA

II MAREA

III SAPIENS

IV TERRANEA