Ialma – Camiño

Formato CD

14,95

Agotado

Agotado

Descripción

“Levamos dous anos preparándoo, é un disco no que contamos a nosa historia. Fixemos concertos e evolucionou moitíisimo o proxecto antes de gravalo. E penso que que é o disco onde máis o pasamos ben e máis o disfrutamos porque estivo ben preparado, puidemos facer moitos concertos nos que o público puido sentir as diferentes historias.

“‘Camiño de Bruxelas a Santiago’ é a historia da nosa emigración e dos nosos pais. É a nosa historia, enlazada coa historia deles, pero que sigue evolucionando, porque un camiño nunca se para. É un camiño de loita, cultural, de diversidade, de descubrir e de contactar co público e coa xente doutras culturas. É un camiño que levamos percorrendo moitos anos e que cantamos a través das nosas cantigas”.

O traballo inclúe 13 temas, algúns tradicionais e outros de feitura ‘trad’ con letras contemporáneas, de autor.  “As letras fáinolas un amigo chamado Brais Fernández xunto con nós. Nós contámoslle o que queremos expresar e el escribe a letra”, explica a cantora.

Tamén inclúen un tema en italiano. “Nun deses camiños atopamos unha cantante que se chama Lucilla Galeazzi, que é unha defensora e do canto tradicional italiano, e escribiu unha letra que falaba da auga, da terra, do aire, e son temas que tamén forman parte de nós. Gustounos moito e os ritmos parécense aos galegos e como tamén cantamos con ela en varias ocasións, decidimos neste disco poñer un tema en italiano”.

Emigrados/refuxiados

O compromiso social é unha constante en moitos dos temas do traballo. Un deles está dedicado aos refuxiados “porque o tema dos refuxiados é o mesma que a historia dos nosos pais. A miña avoa veu cunha maleta metida no tren con tres fillos. É exactamente a mesma imaxe que vemos hoxe. Eu cando vexo as imaxes dos refuxiados vexo as historias que nos contaban os nosos avós. Esa é a historia das catro de Ialma. Uns viñeron como mineiros, outros fuxiron da Guerra, outros foron fusilados, é como unha homenaxe á nosa historia e chamando a intentar cambiar o futuro. Temos que ser conscientes de que a memoria está aí e aínda existe. É a mesma historia que a dos nosos pais e avós”.