Zurrumalla

Zurrumalla edita novo traballo discográfico, despois do seu primeiro e exitoso Dobre CD, agora veñen de gravar “Camiño por ti

 

 

“Camiño por tí” tráenos novas pezas de moi variados estilos e gustos, pero co carácter e son particular desta formación que camiña entre a tradición e a innovación , interpretando unha mínima parte da inmensidade da cultura musical galega, para deleitarnos con 17 pezas tan frescas como evocadoras.

 

Con botarlle unha ollada ao libreto, dámonos conta de que este traballo é moi particular para os Zurrumalla; nin mais nin menos é un agradecemento constante, homenaxes sentidos, pezas do camiñar, dende a primeira, “Pasodobre por ti”, unha peza dos seus amigos da mariña Guardesa, ata a última,”Pousa”, agasallo en forma de “bonus track”, unha versión que o grupo montou para o programa da Televisión Galega “No bico un cantar”.

 

  



zurrumalla@live.com
facebook.com/zurrumalla
zurrumalla.wordpress.com
609494855/ 655237342/ 638676259/ 645822459
Promoción: Xusto Molejón · 
xusto@inquedanzas.com | 638 676 259