Xose Manuel Budiño lanza “Sotaque”

O SEXTO DISCO DO GAITEIRO, CHEO DE COLABORACIóNS, CHEGA O 23 DE ABRIL

O gaiteiro galego Xosé Manuel Budiño levará ás tendas o vindeiro 23 de abril Sotaque, o seu sexto disco. O gaiteiro do Morrazo presenta un volume no que se rodea de colaboradores como Michael McGoldrick, António Zambujo, Cantareiros de O Fiadeiro, Luís Tosar, Carlos Blanco ou Paulo Borges, mesturando os sons tradicionais con novos ritmos e achegando temas melódicos comoDéixame Adiviñar. Unha actuación en Luar o vindeiro día 19 dará a coñecer algún dos temas do proxecto. Para o 25 de abril está prevista a presentación oficial cun concerto no Teatro Principal de Compostela, e o 26 será Ourense a cidade que acollerá un recital do músico. O disco gravouse entre os Atlântico Blue Studios de Lisboa e Casa de Tolos, en Gondomar.

Deja un comentario