Pancho Álvarez – Nas Cordas

Formato CD

9,95

Agotado

Agotado

Descripción

Nas Cordas
  • 1. Nas Cordas
  • 2. Vinde Parrafear
  • 3. Muiñeiras Do Mar
  • 4. O Seixal
  • 5. Vals Florencio
  • 6. O Canciño Do 127
  • 7. Alalá
  • 8. Muiñeira
  • 9. Cantiga Alfonso X
  • 10. Salta, Saltón!
  • 11. Carmiña
  • 12. Chula Do Miño
  • 13. Alalá De Padrón
  • 14. Indara
  • 15. Muiñeira
  • 16. Alborada
  • 17. Pandeirada
  • 18. Nuevo Cortejo
  • 19. Minué
  • 20. Polca En Re

O título o di claramente: Nas Cordas do violín, do bouzouki, da mandolina, da guitarra acústica e eléctrica, do baixo e do banjo que Pancho Álvarez toca nas vinte cancións deste segundo traballo discográfico que segue a estela do seu primeiro traballo en solitario, “Florencio, o cego dos Vilares”.

“Florencio, o cego dos Vilares” estaba integramente dedicado ao repertorio do último violinista cego galego que viviu na Fonsagrada (Lugo), e neste novo traballo o sobranceiro son é o das cordas e o xeito de se utilizar en cada unha das composicións arranxadas e producidas por Pancho Álvarez. 

A variedade e a madurez son as características máis notables dun disco gravado entre o inverno de 2000 e a primavera de 2001 en TUI (Pontevedra).  Pancho utilizou novamente o legado de Florencio, rescatando algunhas cancións súas como Vinde parrafear, Muiñeiras do mar ou oValse Florencio nunha especie de homenaxe perpetua a un músico popular e único dentro do folclore ibérico.

De Faustino Santalices, outra figura ineludible da cultura musical tradicional de Galicia, tomou emprestado un alalá que  se mestura nunha deliciosa Suite integrada por un valse (obra do irmán de Pancho, Juan Álvarez) unha muiñeira, unha alborada e unha pandeirada, ritmos que conforman a identidade da música galega.

Non soamente a tradición ten sitio en Nas Cordas. Pancho Álvarez é o autor da maioría das composicións, entre elas a que da nome ao disco. Tamén compuxo Chula do Miño, Polca en Re, O Seixal, e a canción dedicada o seu fillo Andrés, recen nacido daquela. Este tema, integrado por un alalá e unha muiñeira, celebrou un acontecemento cheo de alegría que  inspirou, sen dúbida, o espírito deste traballo.

Por ser un dos preferidos de Pancho Álvarez, o inglés George F. Haendel foi arranxado para dotalo con aires populares nun dos seus minuettos.  Inclasificable polo humor e a anécdota, é O canciño do 127, con letra inspirada nun obxecto decorativo dos autos que todo o mundo identificará, escrita por Alfonso Pato e musicada orixinalmente por Pancho Álvarez.

Pancho, nisto das letras, ten debilidade polas que conteñen sempre algo de sarcasmo e dobre sentido, como o ouvinte saberá apreciar. Poida ser que ó escoitalo disco, a referencia ao country americano ou incluso á música de Bach, sexa obrigada, pero o que non falla e personalidade: a de Pancho Álvarez, unha presenza que acentúa cada unha das notas destas cancións.

En todas estas tarefas, Pancho Álvarez no estivo solo. Nesta ocasión contou coma invitado ao gaiteiro de gaiteiros, Carlos Núñez, a  quen Pancho acompaña nas xiras internacionais e que eiquí intervén tocando a frauta nun dos cortes. Xurxo Nuñez, irmán de Carlos Núñez, encargouse das percusións; os irmáns Vicente, Félix e Castor Castro, da concertina e a frauta respectivamente. Fernando Fraga do acordeón, Álvaro Iglesias do contrabaixo e Miguel Seoane da guitarra.