Orquestra de Jazz de Galicia – Fame

21,95 Iva Incluído

Con “Fame” debuta a Orquestra de Jazz de Galicia no mercado discográfico. “Fame” de música e “fame” de mostrar ao mundo a música que se fai en Galicia. “Trátase dunha ‘fame’ en positivo, fame por presentar ao mundo outra forma deentender a música”.

SKU: 8430125110018 Categoría: Etiqueta:

Descripción

ORQUESTRA DE JAZZ DE GALICIA, Fame
Con “Fame” debuta a Orquestra de Jazz de Galicia no mercado discográfico. “Fame” de música e “fame” de mostrar ao mundo a música que se fai en Galicia. “Trátase dunha ‘fame’ en positivo, fame por presentar ao mundo outra forma deentender a música”.
Dirixida por Pedro Lamas e Roberto Somoza, a Orquestra de Jazz de Galicia, formada por unha trintena de músicos, é un proxecto de máxima excelencia, único e novo, que proxecta a música tradicional galega en influencia con outros estilos, como o jazz, o folk, a música clásica e a contemporánea.
“Fame” foi gravado os pasados 17 e 18 de xaneiro no Auditorio de Galicia. “O disco está composto por dez arranxos de temas populares galegos que chegaron a nós pola tradición oral e que reflicten a riqueza da nosa música”. Entre estes temas atópase “Toque de chifre de Faramontaos”, que en 1952 rexistrou o musicólogo estadounidense Alan Lomax nunha aldea de Ourense e que anos máis tarde sería reinterpretado por Miles Davis e Gil Evans co título “The pan piper” e recollido no mundialmente coñecido “Sketches of Spain” (1960), na que foi a primeira aproximación do jazz ao repertorio da música tradicional galega.
En canto á creación da Orquestra de Jazz de Galicia, naceu fai catro anos para encher un oco no panorama musical e dar cabida a músicos procedentes de diferentes procedencias, como o jazz, a música tradicional e o folk. A Orquestra de Jazz de Galicia creouse co propósito de facer outro tipo de música partindo da tradicional galega”.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Orquestra de Jazz de Galicia – Fame”