O Cadelo Lunático – Malos tempos

11,95 Iva Incluído

O Cadelo Lunático é o novo proxecto de Javier Prado, voz e guitarra dos Moondogs Blues Party. Prado comeza esta viaxe individual coa idea de aportar ao país música blues en galego, que reflicta o momento social que nos toca vivir nesta época.

SKU: 8424295357670 Categoría:

Descripción

O Cadelo Lunático é o novo proxecto de Javier Prado, voz e guitarra dos Moondogs Blues Party. Prado comeza esta viaxe individual coa idea de aportar ao país música blues en galego, que reflicta o momento social que nos toca vivir nesta época.

O seu primeiro traballo, “Malos tempos”, sae ao mercado da man da discográfica galega Inquedanzas Sonoras. É este un disco que contén temas propios pero tamén unha selección de poemas de autores galegos como Celso Emilio Ferreiro ou a poeta contemporánea Cristina Corral Soilán.

O proxecto preséntase en directo cunha formación na que aparte de Javier Prado súbense ao escenario, Belén Tajes co teclado e voz, Olalla Ferga na batería e María Gómez no baixo.

 

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O Cadelo Lunático – Malos tempos”