Mulleres de Gargamala – Cantares de tradición oral

19,95 Iva Incluído

Formato: Libro/CD

Música: tradicional

O LIBRO: “Mulleres de Gargamala!. O son do Condado”

Se Mondariz é sinónimo de pandeireteiras en Galiza, Gargamala é unha das súas capitais indiscutibles.

SKU: 9788494771835 Categoría:

Descripción

As mulleres e homes desta parroquia souberon manter un enorme repertorio de cantigas bailables para o serán acompañadas da pandeireta e da gaita, entre bailes soltos e agarrados. Pero non só.

Conservan ademais un bo número de cantares a capela, do ciclo da vida coma xogos ou arrolos; ou do ciclo do ano coma cantares de Reis ou das labores do agro.

Dentro destes inclúense tamén os pertencentes ao ritual da Aña, correspondente ao tempo das labradas, e onde cantan ao son que marca a propia ferramenta de traballo (o leghón) batida cunha pedra.

Este libro contén fotografías a cor, textos para entender o contexto no que se devolven estas prácticas musicais, partituras e un CD con pezas de diferentes arquivos sonoros e gravacións novas feitas á última xeración de cantadeiras de Gargamala.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Mulleres de Gargamala – Cantares de tradición oral”