Dirty Socks – Abandoned Warehouse

5,95 Iva Incluído

SKU: 8437004660534 Categoría:

Descripción

Dirty Socks naceron para correr, ou polo menos esa é a sensación que produce a súa intensa traxectoria alcanzada nun período de tempo tan curto. A banda fórmase en Santiago de Compostela a finais do 2007, quedando completamente consolidada no 2010 con Anxo Rodríguez (guitarra e voz), Denis Suárez (batería e coros), Francisco Varela (baixo) e Alberto Barreiros (guitarra e coros). Xuntos comezan a explorar pasaxes sonoras.
En primeira instancia senten atraídos polo post punk -por bandas como Bauhaus, Buzzcocks, Joy Division ou New Order- pero enseguida amplían o abanico de xéneros, abrindo varias frontes: a psicodelia dos 60, o minimalismo de Philip Glass, Terry Riley ou Steve Reich; e a electrónica experimental e rudimentaria, sobre todo o seu nacemento: Steve Reich -outra vez-, Delia Derbyshire, etc; as guitarras de Sonic Youth,  Jonny Greenwood? Bebendo de todas estas fontes a banda compostelá céntrase en tecer o seu propio son, en facer estruturas pop e construír un son do século XXI, deixando unha ampla marxe para a interpretación propia do oínte.
Fuxindo de etiquetas, Dirty Socks seguen un camiño firme cara á terra prometida das grandes cancións. Os galardóns e o recoñecemento sucédense: álzanse vencedores do certame Musicaxove (2009) e do Levi’s Unfamous Music Awards (2010); reciben máis de medio millón de visitas na súa MySpace e comezan rapidamente a tocar en primeira división, participando en festivais como o Purple Weekend (León), o Rock in the Way (Santiago) e o Festival do Norte (Villagarcía), compartindo escenario con bandas como Placebo, These New Puritans, Editors, Tricky, The Raveonettes, The Animals e Adam Green.
Tras un primeiro EP, ?Dirty Socks? (Dirty Socks, 2010), editado en formato físico ante a gran acollida en internet de cancións como ?Go ape?, ?WWD? ou ?Magic Sparkles?, os composteláns presentan ?Abandoned Warehouse? (Vir, 2012).Catro novos cortes gravados con Arturo Vaqueiro nos estudos Abrigueiro cos que o seu son alcanza un novo nivel. Continúan nutríndose do post punk de finais dos 70 e do minimalismo, pero dan un claro xiro cara á psicodelia dos anos 60 e a experimentación que se traduce nun son fresco e enérxico cargado de matices.
A estas alturas non ten sentido falar de grupo revelación, senón dunha banda que naceu para correr, para entregarnos grandes cancións de espírito catártico e renovador.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Dirty Socks – Abandoned Warehouse”