Bonovo – Bonovo

6,10 Iva Incluído

bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de satisfacer as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A fusión das músicas que levan no seu interior conforma este trío

SKU: 80407100127 Categoría:

Descripción

  • 1. Sexta
  • 2. Danza filipa
  • 3. Cousa bonita
  • 4. Karamfil
  • 5. Spaghetti panic
  • 6. Fariñenta
  • 7. Nova
  • 8. Fariloops
  • 9. 7-B
  • 10. Gran dereit
  • 11. Ai! Filomena querida
  • 12. In the ocean

bOnOvO nace como un proxecto musical co propósito de satisfacer as inquedanzas de tres músicos na procura dunha nova sonoridade. A fusión das músicas que levan no seu interior conforma este trío.

.. lixeiramente asíncrono.

bOnOvO comeza aquí o camiño na busca dun son que non entende de etiquetas, co afán de romper as barreiras do establecido e que ten como principio fundamental a fusión de tres instrumentos e personalidades propias, nunha simbiose musical imprevisible.

Tres coñecidos músicos galegos: Óscar Fernández, Roberto Grandal e Pulpinho Viascón, con traxectorias musicais moi dispares (Os Cempés, Diplomáticos de Monte Alto, Jarbanzo Neghro, Budiño, Susana Seivane…) conflúen nun proxecto que aporta aire fresco e unha nova sonoridade ao panorama musical galego.

bOnOvO presentouse para Galiza no verán de 2007 no escenario do Festival do mundo celta de Ortigueira, e a través de Abada para o resto do mundo na feira internacional WOMEX en Sevilla. O grupo destaca como un proxecto innovador no tocante ao tratamento dos instrumentos, ao uso e adaptación do cancioneiro popular incluso a través de melodías do século XV, aínda que o repertorio ofrece unha maioría de composicións propias.

A esencia acústica da zanfona ou do acordeón, mesturados con batería electrónica, efectos e instrumentos virtuais, proporciona as ferramentas ao trío para interpretar en rigoroso directo todos os elementos que compoñen o son de bOnOvO.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Bonovo – Bonovo”