Blue Jeans – Estereotipos

9,95 Iva Incluído

SKU: 8424295339898 Categoría:

Descripción

Blue Jeans comeza a súa andaina en setembro de 2007. Tras varios ensaios dan os seus primeiros concertos e gravan a súa primeira maqueta “Las palabras se las lleva el viento” da man de René Molinos. Con esta maqueta soan en varias radios locais e tocan en varios festivais compartindo escenario con grupos da talla de Moon Cresta ou Dakidarría. En 2009 presentan a súa segunda maqueta “ISTO É BLUE JEANS” que do mesmo xeito que a primeira foi producida por René Molinos, este traballo é presentado en varias radios como os 40 principais (Maketón estrela Galicia) dando máis de 50 concertos e tocando en varios festivais con grupos de renome, así como teloneando a IVAN FERREIRO, ZENTTRIC ou NON WAY OUT. Saen no Maketón TV co videoclip de “Sábado noite”(LOCALIA) participan na XIRA MAKETON E.G (40 PRINCIPALES) e aparecen no CD do Maketón E.G. En 2012 retornan de novo sendo os gañadores do certame “Novos Valores Cidade de Vigo” e sacando á venda o seu primeiro disco “Estereotipos” cos seus videoclips de presentación “Despierta” e “Tuentichat”

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Blue Jeans – Estereotipos”