Inquedanzas Sonoras no Culturgal 2012

Lugar: Pazo de Cultura – Pontevedra
Fecha: Del 31 de Noviembre al 2 de Diciembre de 2012
Horario: De 11:00 a 14:30 y de16:30 a 21:30

CULTURGAL 2012 PONTEVEDRA

Culturgal é a gran casa da cultura galega. Un fogar humilde, pero fermoso, porque é o noso, construímolo entre todos e todas con esforzo e ilusión. É unha entidade viva á que lle tocou medrar nunha época dura, marcada pola austeridade e polos recortes. E por iso este ano nesta casa falta algún moble, algún trebello e adorno. Ao mellor non vos dades conta, porque o enorme talento dos creadores e creadoras galegas oculta a súa ausencia, pero é importante que saibades que é así. Non haberá, xa que logo, luminaria nin fogueteiro, pero festa vai haber. Haberá música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo, maxia, novas tecnoloxías… e un mundo infinito de conexións entre elas. Serán tres días de diversión asegurada para toda a familia.

Esta casa é, tamén, a vosa casa. Só ten sentido se así o sentides e só se manterá en pé se vos sumades á cuadrilla de mantemento. A entrada é gratuíta, pero hai moitas maneiras de contribuír. Vide e gozade co talento da cultura galega, iso é o máis importante. Se podedes, mercade algo na Feira. Nos stands das empresas expositoras hai auténticas marabillas esperando por vós e na Tenda de Culturgal atoparedes unha chea de cousas apetecibles, cun 10% de desconto. Se vos gusta un espectáculo ao vivo recomendádeo, difundídeo. Tomando un piscolabis na Saliña ou unha caña no Patio tamén estaredes botando unha man. Lede, escribide, cantade, bailade, ride, pensade… participade. E traede a quen queirades. A casa da cultura galega é a vosa casa.

 

.

 

Deja un comentario