Edición

Traballamos na edición e produción de música.

Unha das opcións para editar música na actualidade é a auto-edición, esta forma é indicada para os Solistas/Grupos que queiran controlar a totalidade da súa produción artística.

A parte que nós facemos é a de xestionar  e dotar de legalidade á edición, apoio e asesoramento si se require no relativo á produción, seguimento de fabricación e gráficas que tantos “rompedeiros” de cabeza dan, comunicación básica con ferramentas web e contactos, e por último a distribución comercial.

Traballos autoeditados coa xestión de Inquedanzas Sonoras. Neste apartado podes descargar info, audios e outros documentos dispostos polos Grupos.