DSCN1686

Berrogüetto publica no outono a súa biografía e un disco en directo

DSCN1686


O recoñecido xornalista musical Fernando Neira é o autor de Berrogüetto: O pulso da terra

O grupo e Galaxia afrontan xuntos este proxecto en formato Libro+ DVD + CD

A Editorial Galaxia editará despois do verán o libro Berrogüetto: O pulso da terra, primeira biografía sobre Berrogüetto escrita polo xornalista e crítico musical Fernando Neira.
Berrogüetto é, sen dúbida, un dos grupos musicais máis relevantes que deu a música de raíz tradicional galega durante as dúas últimas décadas.

O volume, que coincide co Ano da Música e co décimo quinto aniversario da banda, vai acompañado do primeiro audiovisual dun concerto ao vivo desta formación (gravado en colaboración coa TVG, en Santiago de Compostela en novembro de 2010) mais o CD co rexistro sonoro dese mesmo concerto.

PARA MAIS INFORMACION VISITAR :http://www.berroguetto.com/